Wednesday 15 de May de 2024

Os Martes Saudables achegan aos maiores de Oroso consellos de saúde na mesa e seguridade no fogar


Unha quincena de veciños e veciñas de Oroso participaron nunha nova sesión dos “Martes saudables”, unha inicativa posta en marcha polo Concello de Oroso para achegar aos maiores temas relacionados coa saúde, o benestar e os servizos sociais. A charla desta semana celebrouse no local social da Terceira Idade, ao longo de case dúas horas. Xirou en torno a “Prevención de infeccións”, durante a que os maiores orosáns recibiron consellos relacionados coa seguridade no fogar e a saúde na mesa.